Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. juan ramon ocampo rivas · 8690
    Hai 4 anos · estudante · portas
  2. Nazaret Castro Otero · 8689
    Hai 4 anos
  3. Laura Gómez Pensado · 8688
    Hai 4 anos · Profe de Lingua · Carballo
  4. Mirta Pequeño Gonzàlez · 8687
    Hai 4 anos
  5. Carlos Manteca Ramos · 8686
    Hai 4 anos · Técnico servizo municipal de emerxencias · Vilagarcía de Arousa
  6. Lara Balirac Grande · 8685
    Hai 4 anos · Compostela
  7. Patricia Ponte Sande · 8684
    Hai 4 anos · Compostela
  8. Oscar Dacal Dacal · 8683
    Hai 4 anos
  9. Gustavo González Milo · 8682
    Hai 4 anos · Fisioterapeuta · Pontevedra
  10. Jose Carlos galán neira · 8681
    Hai 4 anos · Banca · Lugo
  11. Carlos Iglesias Fernández · 8680
    Hai 4 anos · Enerxia · Ferrol
  12. Salvador R. Forján Lourido · 8679
    Hai 4 anos · Laboral Xunta de Galicia · Santiago de Compostela
  13. Irene Mejuto Sende · 8678
    Hai 4 anos · Santiago de Compostela
  14. Jonathan González Groba · 8677
    Hai 4 anos · teleoperador · salvaterra de miño
  15. xose lois · 8676
    Hai 4 anos · Sales Manager · sada

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra