Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. NOELIA RODRÍGUEZ OTERO · 8705
    Hai 4 anos · Estudante · Santiago de Compostela
  2. Javier Exposito Pernas · 8704
    Hai 4 anos · Enxeñeiro · Oleiros
  3. Amador Castro Moure · 8703
    Hai 4 anos · Escritor · Barcelona
  4. Aleixo Daniel · 8702
    Hai 4 anos · Estudante · Noia
  5. F. Xavier Vila Moreno · 8701
    Hai 4 anos · Professor · Sant Cugat del Vallès
  6. Daniel GOMEZ BRAÑA · 8700
    Hai 4 anos · Mestre de inglés · AMBERIEUX EN DOMBES (FRANCIA)
  7. Ana M Suárez Becerra · 8699
    Hai 4 anos · Empresaria · Sada
  8. Xiao Somoza Rodríguez · 8698
    Hai 4 anos · Músico e mestre · Rois
  9. Antonio Dacosta Fociños · 8697
    Hai 4 anos · Estudante · Pontevedra
  10. Vanessa Graña Dosantos · 8696
    Hai 4 anos · Autónomo · REDONDELA
  11. Ignacio Pose Couto · 8695
    Hai 4 anos · Mestre · Entrecruces-Carballo
  12. Sara Fernández Costas · 8694
    Hai 4 anos · Xefa de recepción · AS palmas de gran canaria
  13. Gala Dacosta Diehl · 8693
    Hai 4 anos · Estudante · Ferrol
  14. Consuelo Borrajo Viana · 8692
    Hai 4 anos · O Carballiño
  15. Cristina Gil Mouce · 8691
    Hai 4 anos · Medico · Lugo

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra