Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Fausto Pedrera Gonzalez · 8735
    Hai 4 anos · Ponteareas
  2. Adriana · 8734
    Hai 4 anos · Enfermeira · Cuntis
  3. Antonio Orizales · 8733
    Hai 4 anos · Ferrol
  4. Francisco Romero · 8732
    Hai 4 anos
  5. Xavier Rial Vieites · 8731
    Hai 4 anos · Asesor · Santiago
  6. Noela Martínez Oseira · 8730
    Hai 4 anos
  7. Manuel Soto Castiñeira · 8729
    Hai 4 anos · Profesor · Santiago de Compostela
  8. Sara Sánchez Rodríguez · 8728
    Hai 4 anos · A Coruña
  9. Lucía García Rivela · 8727
    Hai 4 anos · Ribeira
  10. Pablo Rivas Fernández · 8726
    Hai 4 anos · Estudante · Lugo
  11. Xiana Collazo Rial · 8725
    Hai 4 anos · Estudante · Dodro
  12. Tino Pardellas Velay · 8724
    Hai 4 anos · Culleredo
  13. Irene de Castro Graña · 8723
    Hai 4 anos · Pedagoga · Padrón
  14. XURXO OLIVEROS GAGO · 8722
    Hai 4 anos · REDACTOR · MADRID
  15. David Calviño Freire · 8721
    Hai 4 anos · Deseñador gráfico · Ourense

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra