Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Marcos Vigo Santomé · 8750
    Hai 4 anos
  2. Patricia Castiñeira Barreiro · 8749
    Hai 4 anos
  3. Rubén Coba Iglesias · 8748
    Hai 4 anos · Parado · Vigo
  4. raquel iglesias · 8747
    Hai 4 anos · estudante · marin
  5. Manuel Graña Vázquez · 8746
    Hai 4 anos · Xubilado · A Coruña
  6. Elsa Quintas Alborés · 8745
    Hai 4 anos · Vigo
  7. EMILIO JOSE PEREZ CUESTA · 8744
    Hai 4 anos · carpinteiro · NAVIA
  8. María Loureiro Giráldez · 8743
    Hai 4 anos
  9. Julia Cervino Paramés · 8742
    Hai 4 anos · Ensino · Vigo
  10. Enrique Bastero Fernandez · 8741
    Hai 4 anos · Servizos · Vigo
  11. Olalla Domínguez Díaz · 8740
    Hai 4 anos · Santiago de Compostela
  12. Susana Formoso · 8739
    Hai 4 anos · RRPP · Ames
  13. Ian Vazquez Rowe · 8738
    Hai 4 anos · Profesor de Universidade · Santiago de Compostela
  14. Enrique Bastero Comesaña · 8737
    Hai 4 anos · Gestor · Vigo
  15. Antón García Fernández · 8736
    Hai 4 anos · Xubilado · Gondomar

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra