Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Fernando Arrizado Abuín · 8765
    Hai 4 anos · Songukeiro · Lugo
  2. Ana María Rodríguez Cordo · 8764
    Hai 4 anos · Xubilada · Pontevedra
  3. Julio Ruíz Pérez · 8763
    Hai 4 anos · Estudante · Ourense
  4. Marcos Blanco Álvarez · 8762
    Hai 4 anos · Funcionario · Pontevedra
  5. Milena · 8761
    Hai 4 anos · Fotógrafa · Madrid
  6. Jennifer María Bernárdez Cruz · 8760
    Hai 4 anos · Estudante · Pontevedra
  7. kiko da silva · 8759
    Hai 4 anos · Debuxante de Banda Deseñada · Pontevedra
  8. Gustavo · 8758
    Hai 4 anos
  9. Pilar Fernández Vaamonde · 8757
    Hai 4 anos
  10. Delia Guitián Rodríguez · 8756
    Hai 4 anos · Psicoloxía Clínica · Lugo
  11. Gabriel García Calvo · 8755
    Hai 4 anos · Educador Infantil · Rois
  12. Francisco Manuel Fernández Agraso · 8754
    Hai 4 anos
  13. Adrián González Gómez · 8753
    Hai 4 anos · Vigo
  14. Anabel Osorio Noya · 8752
    Hai 4 anos · Médica · Santiago de Compostela
  15. Anxo paredes perez · 8751
    Hai 4 anos · Carpinteiro · A Coruña

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra