Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Juan José López Fuentes · 8780
    Hai 4 anos · Soporte técnico informático · Ferrol
  2. María Loureiro González · 8779
    Hai 4 anos · profesora · Vigo
  3. Ana belen eiras cutrin · 8778
    Hai 4 anos · Casa · Teo
  4. Alberto Blanco Rodríguez · 8777
    Hai 4 anos · TES Conductor ambulancia · Vigo
  5. Carlos romero amenedo · 8776
    Hai 4 anos · A Coruña
  6. Manuela Lapique Calvo · 8775
    Hai 4 anos · Mestra xubilada · Pontedeume
  7. Melissa fernandez perez · 8774
    Hai 4 anos · Marketing · Vigo
  8. Estefania Escudero Fernández · 8773
    Hai 4 anos · Traballadora · Hessen Alemania
  9. Eva Liñares Castro · 8772
    Hai 4 anos · Optometrista · Trazo
  10. Paula Vázquez Verao · 8771
    Hai 4 anos · Sober
  11. Enrique Sosa Franco · 8770
    Hai 4 anos · Educación · Ferrol
  12. Camilo Pardo · 8769
    Hai 4 anos · Docente · A Coruña
  13. Noel Pernas Fernández · 8768
    Hai 4 anos · Mantemento · Cervo
  14. Ana Ares Galbàn · 8767
    Hai 4 anos · Enfermeira · RIANXO
  15. Covadonga Durán Calvo · 8766
    Hai 4 anos · Mariñeira · Moaña

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra