Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Rosana Rodriguez Avalle · 8795
    Hai 2 anos · Profesional autonoma avogada · Salvaterra de Miño
  2. Anxo Otero Montero · 8794
    Hai 2 anos · Docente · Compostela
  3. Serxio Pérez Mirón · 8793
    Hai 2 anos · Enxeñeiro Técnico Industrial · Vigo
  4. Xonxa Fernández Lorenzo · 8792
    Hai 2 anos · Allariz
  5. Antón Vidal Andión · 8791
    Hai 2 anos · Reformado · Vigo
  6. Cristina Barral Lamazares · 8790
    Hai 2 anos · Vigo
  7. Elvira Souto · 8789
    Hai 2 anos · Professora reformada · Teu
  8. Javier Oya Vidal · 8788
    Hai 2 anos · Estudante · Burela
  9. Fefi Dominguez Senlle · 8787
    Hai 2 anos · Comercial · Porriño
  10. Monti Castiñeiras · 8786
    Hai 2 anos · Actor · Teo
  11. Alberto Puga · 8785
    Hai 2 anos · Teo
  12. Roi Couñago Sueiro · 8784
    Hai 2 anos · Vigo
  13. Hugo López Castro · 8783
    Hai 2 anos · Enxeñeiro de Montes · Lugo
  14. Iván López Cabanas · 8782
    Hai 2 anos · Estudante · Mondoñedo
  15. Jorge Rocafort · 8781
    Hai 2 anos · Marín

Os Apoios de campaña están pechados.

Carriño da compra