Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Marta Fernández González · 8810
    Hai 2 anos · Tui
  2. Ana Fra Enríquez · 8809
    Hai 2 anos · Desempregada · O Carballiño
  3. Noelia Pérez Fernández · 8808
    Hai 2 anos · Sanitaria · Pontevedra
  4. María Elena Loureda Sabín · 8807
    Hai 2 anos
  5. Sara Amigo Núñez · 8806
    Hai 2 anos · Estudante · Padrón
  6. Tome Laxe Gomez · 8805
    Hai 2 anos · Operador · Hamburgo
  7. Vítor Ézara · 8804
    Hai 2 anos · Telecomunicacións · A Guarda
  8. Cristina Novoa · 8803
    Hai 2 anos · Educadora Social · A Coruña
  9. Romina Diaz · 8802
    Hai 2 anos · Profesora · Burela (Lugo)
  10. Iván García Fuentes · 8801
    Hai 2 anos · Administrativo · Lalín
  11. Mara · 8800
    Hai 2 anos · estudante · Mondoñedo
  12. Emérita Castr Alonso · 8799
    Hai 2 anos · PSX · Mos
  13. Lucia Nespereira · 8798
    Hai 2 anos · Ourense
  14. RAMÓN ALVAREZ PARRA · 8797
    Hai 2 anos · Profesor conservatorio · ARCADE
  15. Carina Fernández Faya · 8796
    Hai 2 anos · Bibliotecaria · Santiago de Compostela

Os Apoios de campaña están pechados.

Carriño da compra