Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Alvaro Andrade · 8855
    Hai 4 anos · Como que actividade? xd · Muros
  2. Bruna Alonso Estévez · 8854
    Hai 4 anos · Docencia · Vigo
  3. Javier Macías · 8853
    Hai 4 anos · Mestre · Cangas do Morrazo
  4. Xose Sanchez Piñeiro · 8852
    Hai 4 anos · Comercial · Bertamirans
  5. Xosé-Carlos Fernández · 8851
    Hai 4 anos · C.E.O. · Barcelona
  6. Alberto Vila Calzado · 8850
    Hai 4 anos · Salceda de Caselas
  7. Marta Canosa Dopazo · 8849
    Hai 4 anos · Estudante · Vimianzo
  8. Jacobo Rivera Bermejo · 8848
    Hai 4 anos · Protección civil · Tomiño
  9. Laura Arrojo Reguera · 8847
    Hai 4 anos · Docente · Castroverde
  10. Xosé Ramón Farinós López · 8846
    Hai 4 anos · Ensino · Abelleira, Muros
  11. Saskia García Ramil · 8845
    Hai 4 anos · O Valadouro
  12. Sonia Domínguez Piñeiro · 8844
    Hai 4 anos · Desempregada · Sanxenxo
  13. Sara Rey Balseiro · 8843
    Hai 4 anos · Mestra · Compostela
  14. Javier Dopico López · 8842
    Hai 4 anos · Traballador de banca · Betanzos
  15. Natividad García Jamardo · 8841
    Hai 4 anos · Traballadora por conta allea · Sanxenxo

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra