Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Félix Paz · 8870
    Hai 4 anos · Profesor · Bertamiráns
  2. Gonzalo Castroman Baamonde · 8869
    Hai 4 anos · Parado · Cuntis
  3. Damián Rodríguez Senra · 8868
    Hai 4 anos · O Rosal
  4. Jessica Gonzalez Gonzalez · 8867
    Hai 4 anos · Vigo
  5. Tania Monteagudo Bermúdez · 8866
    Hai 4 anos · estudanta · Viveiro
  6. Laura Calviño · 8865
    Hai 4 anos · Estudante · Vigo
  7. Diego Vazquez García · 8864
    Hai 4 anos · Vigo
  8. Olalla García San León · 8863
    Hai 4 anos · Profesora · Pontevedra
  9. Daniel Vicente Lagares · 8862
    Hai 4 anos · Estudante · Betanzos
  10. M Carmen Suarez Sobrado · 8861
    Hai 4 anos · Mestra · Cangas
  11. Nazaret Reyes Bugarin · 8860
    Hai 4 anos · Profesora de secundaria · Vigo
  12. Marta Canda Pereira · 8859
    Hai 4 anos · Tec rrhh · Vigo
  13. Estrela Vilaverde Crei · 8858
    Hai 4 anos · Avogada · Lugo
  14. María Hermida Martínez · 8857
    Hai 4 anos · Enfermeira · Vigo
  15. Carlos Rodríguez Silvar · 8856
    Hai 4 anos · Ilustrador · Sada

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra