Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Alexandre Espinosa Menor · 8900
    Hai 2 anos · Informático · Bertamiráns
  2. Xulia Rodríguez Franco · 8899
    Hai 2 anos
  3. Gonzalo Castroman Baamonde · 8898
    Hai 2 anos · Estudiante opos · Cuntis
  4. M Isabel Vaquero Quintela · 8897
    Hai 2 anos · Técnica de normalización lingüística · Ames
  5. Ana Belen Andrade Lopez · 8896
    Hai 2 anos · Responsabel Administración · AMES - Bertamiráns
  6. José Antonio iglesias Cristobo · 8895
    Hai 2 anos · Enxeñeiro · Vigo
  7. Manuel Fernández Caramés · 8894
    Hai 2 anos · estanqueiro · ourense
  8. Ramon Cortizo Vázquez · 8893
    Hai 2 anos · Fornite · Carnota
  9. Javier Rey Villameá · 8892
    Hai 2 anos · Programador · Santiago de Compostela
  10. David Couto Lestón · 8891
    Hai 2 anos · Estudante · Compostela
  11. María Pérez Alarcón · 8890
    Hai 2 anos · Portonoco
  12. Noelia Núñez Iglesias · 8889
    Hai 2 anos · Mestra de educación primaria · Ribeira
  13. Iria Suárez Cotelo · 8888
    Hai 2 anos · Educación · Carballo
  14. Soraya Dominguez Portela · 8887
    Hai 2 anos · Ensinante · O Porriño
  15. Eva Piñeiro Mariño · 8886
    Hai 2 anos · Educadora social · Pontevedra

Os Apoios de campaña están pechados.

Carriño da compra