Noticias da Rede Novas da rede

Segunda edición dos premios Youtubeir@s

O premio Youtubeir@s xa ten segunda edición, este premio está dirixido a persoas maiores de 14 anos e procura incrementar a presenza do galego nos vídeos de Youtube, a rede social de vídeos máis grande do mercado. As persoas interesadas en participar poden presentar vídeos de opinión ou videotitoriais autoproducidos en galego e subidos a Youtube.

Para poder participar, a persoa interesada simplemente ten que ter subido os vídeos antes do 28 de abril de 2017 sen restricións de privacidade e cos cancelos #youtubeiras #youtubeiros na descrición. A convocatoria divídese en vídeos-facermos, vídeos-opinarmos, canle, creatividade, eficiencia comunicativa, calidade técnica ou calidade lingüística.

As bases ao completo pódense consultar no web www.youtubeiras.gal e os premios entregaranse o vindeiro 20 de abril de 2018 nun acto público.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis