Nova incorporación a Abertos ao Galego: Dual s.t.

Dual s.t., reparación, aluguer, fabricación e venda de equipos de son e iluminación profesional

Unha das empresas que se incorporou esta semana a Abertos ao Galego é Dual s.t. É unha empresa dedicada a diversas facetas relacionadas co son e a iluminación, así como á reparación e mantemento de equipos, a instalación e aluguer de equipos de son propios para eventos en interiores e exteriores, e a fabricación de deseños propios de aparellos de amplificación de instrumentos musicais baseados en válvulas.

 

Dual s.t traballa principalmente para profesionais, ofertando os seguintes servizos:

 

–         Reparación e mantemento de equipos de son e iluminación profesionais, de amplificadores de instrumentos musicais, de equipos de son de locais, etc

–         Instalación e aluguer de equipos de son e iluminación propios destinados a eventos en interiores e exteriores, tales como concertos, conferencias, e calquera outra representación escénica.

–         Fabricación de aparellos de amplificación para instrumentos musicais con deseños propios baseados na electrónica de válvulas.

 

En Dual (http://www.dualst.blogspot.com.es/) s.t. teñen experiencia en adaptar os equipos de son e iluminación ás necesidades do cliente.

 

Dual s.t. realiza a súa actividade integramente en galego, tanto a comunicación externa como a documentación interna da empresa, a pesar das dificultades que isto ás veces conleva. 

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra