Nova incorporación a Abertos ao Galego: OZOCOgz

Esta semana incorpórase a Abertos ao Galego OZOCOgz , unha empresa de moi recente creación

OZOCOgz é unha idea de Eladino Cabanelas (deseñador gráfico) e Manuel Rodiño (encargado da parte loxística da empresa), que xorde tras sacar unha edición de camisolas para vender entre familiares e coñecidos e ver o éxito que tiña. A partir dese momento decidiron crear unha marca propia para comercializar diversos produtos que puidesen acoller as súas ideas de deseño galego e en galego. O nome da empresa está baseado no seu primeiro deseño cun zoco, pois quere simbolizar a identidade galega da empresa, ademais de xuntar o espírito comercial da actividade.

 

OZOCOgz crea prendas de vestir, louza, xoguetes, etc, partindo dunha óptica galega con identidade propia, cun deseño fresco e cun especial coidado na calidade dos produtos.

 

Neste momento teñen varios puntos de venda por todo o país e tamén é posíbel facerlles pedidos por correo electrónico (ozocogz@gmail.com) ou por telefone (600876196/629975077). Envían os seus produtos desde O Carballiño e Teo a calquera punto do país, con garantía de calidade. Os seus puntos de venda físicos polo momento son:

 

– En Ourense, Vila Pingüín (tamén membro de Abertos ao Galego), na Rúa do Triunfo, 1,

– En Allariz, na Tulla (rúa Castelao, s/n)

– En Ribadavia na tenda de agasallos Floravia (Praza do San Xoán)

– En Cambados en Cinema Vídeo (na Avenida de Galicia, 39)

 

Tamén é posíbel comprar os seus produtos a través da súa páxina do facebook (https://www.facebook.com/pages/OZOCOgz/350603165024934?fref=ts). En breve terán operativa a súa páxina web, do que informaremos en canto a teñan preparada.

 

OZOCOgz é unha empresa que desenvolve a súa actividade integramente en galego, pois ademais de que os propios lemas dos seus deseños están na nosa lingua, Manuel e Eladino son galego falantes habituais e puxeron especial interese en que toda a documentación interna e externa estivese tamén galeguizada. Para eles, o galego é unha cuestión indubidábel no momento da creación dunha empresa propia.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra