Novidades desta semana de Abertos ao Galego e das empresas colaboradoras

Ademais de tres novas incorporacións a Abertos ao Galego (Galileo Nenos, Consorcio Editorial Galego e Comarca 54), esta semana temos novidades de Aira das Letras, Baía Edicións, Alvarella Ecoturismo, OZOCOgz e Edicións Xerais

– A libraría Aira das Letras organiza para hoxe venres 24 de maio a presentación de Iria, de Anxo Angueira, na Fundación Vicente Risco de Allariz,

– Baía Edicións presenta estes días a súa nova publicación na colección Baía Branca de poesía, Resina de poliéster, de Correa Corredoira. Esta semana presentouse na Coruña, nun acto con música de Miguel Ladrón de Guevara e as intervencións de Lino Braxe e do autor,

– Alvarella ten aberta a inscrición para os seus Eco-Campamentos para o mes de xuño para nenos e nenas de 7 a 14 anos. É posíbel facer a preinscrición até o 15 de xuño. Tedes máis información en www.alvarella.com ou contactar con eles no 981784563,

– Xa hai gañador do concurso de microrrelatos de OZOCOgz. É O trasno no deserto, de Miguel Ángel Alonso Diz e os organizadores están a preparar a entrega do premio. Esta primeira edición do concurso, que tivo a colaboración das librarías Suévia da Coruña, Escolma do Carballiño e Aira das Letras de Allariz e dos escritores David Otero, Marta Dacosta e Paula Carballeira, foi todo un éxito de participación, con 37 relatos,

– Edicións Xerais fainos chegar as súas últimas novidades editoriais: A Galicia máxica de García Márquez, de Carlos G. Reigosa, Endogamia 0.2, de Ramón Caride, Flor de Area, de Manuel Lourenzo, Inmateriais, de Suso de Toro e Marcopola 2. Os piratas da lúa, de Jacobo Fernández Serrano. 

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra