PUBLICACIÓNS / O grupo de traballo Familias polo galego recolle a remuda da xornada Medrar en galego

 A xornada Medrar en galego, organizada pola Mesa pola Normalización Lingüística, o Concello de Allariz, a Deputación de Ourense, o Espazo Ben Común e a Confederación de ANPAS galegas, contou a pasada fin de semana cun grande éxito de público. As reflexións compartidas polas persoas participantes arredor do uso do galego e as etapas psicoevolutivas e das estratexias para enfrontar o problema da crianza na lingua propia no contexto actual serán compiladas nunha publicación coa que se espera contribuír ao debate social.

Tamén se decidiu que o proxecto Familias polo galego tome a remuda do labor realizado ao longo da xornada, para o que se convida a todas as familias que queiran traballar activamente pola crianza na nosa lingua contacten coa Mesa pola Normalización Lingüística a través do correo electrónico amesa@amesa.gal ou de calquera dos seus perfís nas redes sociais.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra