O mes do amor: Candeloria e San Valentín en Abertos ao Galego

Pensando en todos aqueles e aquelas que facedes agasallos no Día dos Namorados e da Candeloria (para os que non o coñezades, o Día da Candeloria é o día que casan os paxariños, o 2 de febreiro: Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola), algunhas das empresas de Abertos ao Galego mandáronnos as súas suxestións

 

– A Livraria Suévia da Coruña (https://www.facebook.com/GalaeciaLibraria?ref=ts&fref=ts) fai estes días (até o día 14 e como promoción especial pensada para Abertos ao Galego) un 10% de desconto en música e cinema;

 

– O Restaurante A Tafona (www.restauranteatafona.com), a incorporación máis recente a Abertos ao Galego, ten un menú especial para o propio día 14. Podedes velo na galería, mais ademais do menú os socios e socias da Mesa que tomen o menú de San Valentín na Tafona recibirán unha copa de benvida (só tedes que presentar o voso carné de asociados).

 

OZOCOgz (http://www.ozocogz.com/) ten unha oferta especial para San Valentín. Os pedidos que reciban vía facebook ou correo electrónico (a ozocogz@gmail.com) até o 13 de febreiro ás 11 horas entregaranos en man o día 13 empaquetados. Esta oferta é para pedidos para entregar nun radio máximo duns 50 km arredor do Carballiño (Ourense) e Teo (A Coruña). O pedido inclúe unha camisola a elixir, un bote transparente reutilizábel e un postal de agasallo, todo isto adornadiño e listo para regalar.

Os prezos son:

Bote con camisola do Zoco 12 €

Bote con camisola do Matraquinho ou Futbolín 17 €

Bote con camisola de Chaplin ou dos Irmáns Marx 20 € 

– Se ti e o teu namorado ou namorada gostades das actividades de tempo libre, Lúcete Lecer propón como agasallo un paracaídas. Dispoñen deles en distintos tamaños e prezos (un de 3,5o mt. de 12 asas custa 38.40€; un de 6 mt. e 20 asas 83€; un de 7,50 mt. de 24 asas 100€). Podedes atopar máis información en http://materialcampamentos.com/.

 

Alvarella Ecoturismo propón como agasallo de San Valentín unha actividade que organizan o 23 e 24 de febreiro. Trátase dun Curso de Hortos Urbanos: A horticultura ecolóxica en balcóns, terrazas e pequenos hortos que se celebra no seu albergue. Cun prezo de 65€ por persoa, inclúe o curso e o aloxamento con pensión completa do sábado 23 e o xantar do domingo 24. Podedes consultar o programa en www.alvarella.org

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra