O País das Letras chega a Foz

A Mesa pola Normalización Lingüística e A Pomba do Arco celebran unha actividade o sábado 26 ás 12h diante do Cenima de Foz para que as crianzas poidan pintar o País das Letras. O País das Letras é un póster para pintar dirixido ao público infantil e xuvenil galego que se acompaña dun despregábel con información para descubrir as escritoras, escritores e personaxes literarias galegas. No mapa da Galiza pódense atopar 40 autoras e autores, entre elas María Victoria Moreno, homenaxeada no Día das Letras Galegas neste 2018.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra