O pasado xoves 18 de maio saíu o novo suplemento de Somos Galego co semanario Sermos Galiza. Neste número doce, cóntase cunha reportaxe da manifestación do 17 de maio, todo o que aconteceu e a reacción social que houbo. Fálase, tamén, dos premios Correlingua, da campaña da ILP “Cárgate de sentido común” e do último informe da Lingua Galega na educación infantil de Galiza.
Ademais, pódese atopar, como cada número, a colaboración do catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa, Xosé Ramón Freixeiro Mato, que fala sobre a forma e uso dos adverbios.