A Mesa pola Normalización Lingüística

O xuíz que denunciou ao presidente da Mesa reclámalle 15.000 euros de indemnización

O presidente da asociación cidadá lembroulle publicamente ao xuíz (daquela xuíz decano da Coruña) que debería cumprir coa Lei de normalización lingüística, mentres o representante da xustiza cuestionaba a oficialidade plena do topónimo “A Coruña”.

15.000 euros de indemnización, 300 de sanción e as custas do xuízo. Iso é o que pide a acusación particular do xuíz Antonio Fraga Mandián, que denunciou a Carlos Callón por lle recordar publicamente a súa obriga de cumprir coa Lei de normalización lingüística, tanto no referido ao uso oficial do topónimo A Coruña como no dereito das cidadás e dos cidadáns a recibir a documentación no seu idioma.

A acusación decidiu pedir 15.000 euros por ser o número de veces que saen en Google as declaracións do presidente da Mesa, mais valoraron pedir 650.000 por ser esa a tiraxe de La Voz de Galicia, medio que tamén recolleu as palabras de Callón defendendo a lingua galega e a lexislación.

A maior asociación cultural de Galiza agarda que “se faga xustiza” e que se “arquive dunha vez esta causa tan disparatada”. A Mesa lembra que “é ben estraño que se realice o xuízo contra un cidadán porque este cidadán defenda a Lei, máxime cando inicialmente tanto o xulgado como a fiscalía apostaran por arquivar a causa”. Por iso, desde a entidade non dubidan en reclamar “que se termine coa criminalización da defensa do galego”.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra