A Mesa pola Normalización Lingüística acordou na súa Asemblea Xeral do 18 de febreiro a contratación dunha persoa para a execución da Campaña da ILP para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico.
Enviar o curriculum a: amesa@amesa.gal até o 3 de marzo de 2017.
Condicións:
- Contrato: obra ou servizo determinado a xornada completa.
- Duración de 4 meses (prorrógábel a 7 meses)
- Categoría: axudante de animación sociocultural
- Condicións segundo convenio de oficinas e despachos da Coruña
Requisitos:
- Maior de 18 anos
- Carné de conducir
- Valorarase experiencia na coordinación de actividades culturais
Selección:
Valoración de curriculum e entrevista persoal aos e ás preseleccionadas. Priorizaranse socias e socios da Mesa pola Normalización Lingüística.