A segunda feira (luns) 12 de marzo presentarase en Oleiros o manual práctico Como defenderes os teus dereitos lingüísticos.O acto desenvolverase no Centro Cultural As Torres de Santa Cruz ás 20. 30 h.
Ademais do propio Carlos Callón, autor do libro e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e portavoz da plataforma unitaria Queremos Galego, intervirán tamén:
– Cibrán Turnes, membro da xunta directiva da Asociación Cultural Vieiros, organizadora do acto.
– Nacho Taibo, escritor e profesor no IES Xosé Neira Vilas de Perillo. Primeiro presidente de Vieiros.
Podes consultar aquí o evento creado no facebook.