ABERTOS AO GALEGO.- Últimas novidades: unha nova incorporación e novidades das empresas de Abertos ao Galego

Incorpórase a Abertos ao Galego a empresa coruñesa Acouga Quiromasaxe; Edicións Xerais cóntanos as súas máis recentes publicacións; presentación na Libraría Pedreira

Incorpórase a Abertos ao Galego a empresa coruñesa Acouga Quiromasaxe; Edicións Xerais cóntanos as súas máis recentes publicacións; presentación na Libraría Pedreira

Continuar lendo…

Queremos Galego participou no entroido ourensán

Realizaron unha parodia do presidente da Xunta e do conselleiro de Educación e Cultura, dous dos principais responsábeis dos maiores ataques contra o noso idioma nos últimos tempos. entroido QG Ourense 3 (184 kB)entroido QG Ourense 1 (184 kB)entroido QG Ourense 2 (157 kB)

Realizaron unha parodia do presidente da Xunta e do conselleiro de Educación e Cultura, dous dos principais responsábeis dos maiores ataques contra o noso idioma nos últimos tempos.

Continuar lendo…

ABERTOS AO GALEGO.- Fin de semana dedicada a Rosalía en Aira das Letras

Aira das Letras de Allariz é unha das librarías que participan activamente no día de Rosalía. Informan de que hoxe organizan unha lectura pública dos poemas de Rosalía, e agasallarán aos asistentes un libro en galego. Ademais, quen merque un libro en galego en Aira das Letras os días 24, 25 e 26 de febreiro […]

Aira das Letras de Allariz é unha das librarías que participan activamente no día de Rosalía. Informan de que hoxe organizan unha lectura pública dos poemas de Rosalía, e agasallarán aos asistentes un libro en galego. Ademais, quen merque un libro en galego en Aira das Letras os días 24, 25 e 26 de febreiro recibirá unha flor.

Continuar lendo…

Veciñas compostelás procedentes de fóra de Galiza reclámanlle a Conde Roa que fale en galego

O acto fíxose coincidir co aniversario de que Ánxel Casal iniciase a tradición democrática de os alcaldes de Compostela falaren en galego no exercicio do seu cargo. Hai xusto 76 anos, Ánxel Casal foi o primeiro alcalde da Galiza contemporánea que falou en galego nun acto institucional.

O acto fíxose coincidir co aniversario de que Ánxel Casal iniciase a tradición democrática de os alcaldes de Compostela falaren en galego no exercicio do seu cargo.

Hai xusto 76 anos, Ánxel Casal foi o primeiro alcalde da Galiza contemporánea que falou en galego nun acto institucional.

Continuar lendo…

ABERTOS AO GALEGO.- Presentamos IPR Xestión, que oferta desde hoxe un 20% de desconto a socios e socias da Mesa

IPR Xestión é unha asesoría da localidade de Cerceda. A súa responsábel é Rocío da Igrexa Prego, e Abertos ao Galego estivo estes días falando con ela, para coñecer mellor os seus servizos e a súa relación co galego.

IPR Xestión é unha asesoría da localidade de Cerceda. A súa responsábel é Rocío da Igrexa Prego, e Abertos ao Galego estivo estes días falando con ela, para coñecer mellor os seus servizos e a súa relación co galego.

Continuar lendo…

O MORRAZO.- O grupo local de Queremos Galego de Marín inicia esta sexta feira a 2ª edición das xornadas “Ser lingua non é fácil”

A primeira das palestras previstas no marco das xornadas, que se desenvolverán ao longo de todo o ano, tratará a situación sociolingüística do euskara da man do deputado de Amaiur Jon Iñarritu Será esta sexta feira (venres) 24 de febreiro ás oito e media do serán na Biblioteca Municipal de Marín

A primeira das palestras previstas no marco das xornadas, que se desenvolverán ao longo de todo o ano, tratará a situación sociolingüística do euskara da man do deputado de Amaiur Jon Iñarritu

Será esta sexta feira (venres) 24 de febreiro ás oito e media do serán na Biblioteca Municipal de Marín

Continuar lendo…

Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis