ABERTOS AO GALEGO.- Presentamos a incorporación máis recente a Abertos ao Galego: Tórculo

A máis recente incorporación a Abertos ao Galego é Tórculo, unha empresa de comunicación gráfica de Santiago de Compostela, con máis de 29 anos de historia. Tórculo é unha empresa ben coñecida en Galicia, pois ademais de ter unha gama moi ampla de servizos para empresas, teñen tamén tres puntos de venta nas tres cidades […]

A máis recente incorporación a Abertos ao Galego é Tórculo, unha empresa de comunicación gráfica de Santiago de Compostela, con máis de 29 anos de historia. Tórculo é unha empresa ben coñecida en Galicia, pois ademais de ter unha gama moi ampla de servizos para empresas, teñen tamén tres puntos de venta nas tres cidades galegas de Santiago, Vigo e A Coruña.

Continuar lendo…

XUSTIZA.- Máis dun millar de apoios ao manifesto Queremos xustiza para a nosa lingua

Un grupo representativo das persoas asinantes do manifesto chaman á participación cidadá na concentración convocada pola Mesa con motivo do xuízo a Carlos Callón A mobilización cidadá en apoio a Callón e ás outras persoas denunciadas polo xuíz decano Fraga Mandián tivo lugar a pasada sexta feira 10 de febreiro no exterior do edificio dos […]

Un grupo representativo das persoas asinantes do manifesto chaman á participación cidadá na concentración convocada pola Mesa con motivo do xuízo a Carlos Callón

A mobilización cidadá en apoio a Callón e ás outras persoas denunciadas polo xuíz decano Fraga Mandián tivo lugar a pasada sexta feira 10 de febreiro no exterior do edificio dos Xulgados da Coruña

Continuar lendo…

Carlos Callón será xulgado por recriminar ao xuíz decano da Coruña que incumprise a Lei de normalización lingüística

A Mesa lanza un manifesto perante o xuízo do seu presidente o vindeiro 10 de febreiro e convoca unha concentración de apoio “O mundo ao revés: este xuíz denuncia a quen pide que se cumpra a lei!”

A Mesa lanza un manifesto perante o xuízo do seu presidente o vindeiro 10 de febreiro e convoca unha concentración de apoio

“O mundo ao revés: este xuíz denuncia a quen pide que se cumpra a lei!”

Continuar lendo…

MEDIOS DE COMUNICACIÓN.- A Mesa desexa os mellores éxitos aos novos medios en galego que están a aparecer

Praza Pública estréase hoxe na rede como diario dixital en praza.com A asociación chama a facer “un consumo responsábel” apoiando os medios que usan e apoian o galego

Praza Pública estréase hoxe na rede como diario dixital en praza.com

A asociación chama a facer “un consumo responsábel” apoiando os medios que usan e apoian o galego

Continuar lendo…

CORRELINGUA.- Galego, todo o que buscas: bota a andar o Correlingua 2012!

As festas finais do Correlingua, que terán lugar durante a primeira metade do mes de maio, están precedidas de distintas iniciativas lúdico-educativas para traballar na aula O prazo previo de inscrición nos diferentes concursos remata o vindeiro 1 de febreiro

As festas finais do Correlingua, que terán lugar durante a primeira metade do mes de maio, están precedidas de distintas iniciativas lúdico-educativas para traballar na aula

O prazo previo de inscrición nos diferentes concursos remata o vindeiro 1 de febreiro

Continuar lendo…

SANIDADE.- Grave caso de discriminación lingüística nun centro hospitalario de Vigo

O Hospital Nosa Señora de Fátima ameazou presuntamente con non operar un doente se este non asinaba un documento en castelán que previamente solicitara en galego A Mesa considera este caso “inadmisíbel” e pide responsabilidades directas ao SERGAS, que mantén un concerto co centro privado vigués para derivar doentes da rede pública

O Hospital Nosa Señora de Fátima ameazou presuntamente con non operar un doente se este non asinaba un documento en castelán que previamente solicitara en galego

A Mesa considera este caso “inadmisíbel” e pide responsabilidades directas ao SERGAS, que mantén un concerto co centro privado vigués para derivar doentes da rede pública

Continuar lendo…

VALDEORRAS.- Asemblea da Mesa o 23 de xaneiro

Será ás 18.30h no Salón de Actos do Multiusos do Barco de Valdeorras, con anterioridade ao acto de presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón

Será ás 18.30h no Salón de Actos do Multiusos do Barco de Valdeorras, con anterioridade ao acto de presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón

Continuar lendo…

ABERTOS AO GALEGO.- Novidades desta semana en Abertos ao Galego

Esta semana, temos varias novidades, como a incorporación de Tórculo e presentacións de libros nas librarías Torga de Ourense e Aira das Letras de Allariz

Esta semana, temos varias novidades, como a incorporación de Tórculo e presentacións de libros nas librarías Torga de Ourense e Aira das Letras de Allariz

Continuar lendo…

Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis