A Mesa valora o nomeamento de Valentín García na Secretaría Xeral de Política Lingüística como “mostra dun continuísmo que non presaxia nada bo”

A entidade advirte dos “difíciles retos” aos que se terá que enfrentar o novo titular da política lingüística da Xunta A asociación en defensa do galego agarda do novo responsábel “a corrección institucional e a capacidade do diálogo de que careceu o seu antecesor”

A entidade advirte dos “difíciles retos” aos que se terá que enfrentar o novo titular da política lingüística da Xunta

A asociación en defensa do galego agarda do novo responsábel “a corrección institucional e a capacidade do diálogo de que careceu o seu antecesor”

Continuar lendo…

A Mesa considera que a política cultural da Xunta pode ir “de mal en peor” cos novos nomeamentos

Carlos Callón: “A acción de goberno de Jesús Vázquez e Anxo Lorenzo cara á cultura galega só se pode sintetizar cunha palabra: destrución”. Os méritos de Anxo Lorenzo e Jesús Vázquez entre 2009 e 2011 son executar a maior desprotección da lingua galega desde o franquismo.

Carlos Callón: “A acción de goberno de Jesús Vázquez e Anxo Lorenzo cara á cultura galega só se pode sintetizar cunha palabra: destrución”.

Os méritos de Anxo Lorenzo e Jesús Vázquez entre 2009 e 2011 son executar a maior desprotección da lingua galega desde o franquismo.

Continuar lendo…

A Mesa considera que a política cultural da Xunta pode ir “de mal en peor” cos novos nomeamentos

Carlos Callón: “A acción de goberno de Jesús Vázquez e Anxo Lorenzo cara á cultura galega só se pode sintetizar cunha palabra: destrución” Os méritos de Anxo Lorenzo e Jesús Vázquez entre 2009 e 2011 son executar a maior desprotección da lingua galega desde o franquismo

Carlos Callón: “A acción de goberno de Jesús Vázquez e Anxo Lorenzo cara á cultura galega só se pode sintetizar cunha palabra: destrución”

Os méritos de Anxo Lorenzo e Jesús Vázquez entre 2009 e 2011 son executar a maior desprotección da lingua galega desde o franquismo

Continuar lendo…

ABERTOS AO GALEGO.- Catálogo de Nadal de Abertos ao Galego

Abertos ao Galego, o proxecto da Mesa pola Normalización Lingüística para a dinamización do galego no ámbito empresarial, publica un catálogo con suxestións de agasallos de nadal.

Abertos ao Galego, o proxecto da Mesa pola Normalización Lingüística para a dinamización do galego no ámbito empresarial, publica un catálogo con suxestións de agasallos de nadal.

Continuar lendo…

En galego…de principio a fin…

En Galiza, o tránsito ao alén viviuse historicamente coa peculiaridade, entre outras, de salientar a identificación entre o individuo finado e a terra, especialmente aquela á que en vida se sentiu pertencente ou coa que se identificaba. Aínda hoxe, a pesar das mudanzas socio-económicas e do modo de vida, moitas persoas seguen sentindo “a chamada […]

En Galiza, o tránsito ao alén viviuse historicamente coa peculiaridade, entre outras, de salientar a identificación entre o individuo finado e a terra, especialmente aquela á que en vida se sentiu pertencente ou coa que se identificaba. Aínda hoxe, a pesar das mudanzas socio-económicas e do modo de vida, moitas persoas seguen sentindo “a chamada da terra” que as viu nacer ou na que tiveron parte das súas vivencias, nomeadamente cando se achega o intre derradeiro.

Malia estar moi asentada esta idea no imaxinario colectivo, lamentabelmente non foi posíbel que á morte fose asociado o uso da lingua que a maioría das e dos defuntos empregaron sempre na súa vida cotiá: o galego. Unha ollada á sección necrolóxica de calquera xornal impreso no país ou unha visita a calquera cemiterio advírtenos da contundente realidade lingüística neste eido. Isto pode ter fácil explicación ollando o propio devir histórico do noso idioma: séculos de marxinación fixeron que se consolidase o uso do castelán para todo ámbito “formal”, para todo o considerado “importante”. E nada máis importante do que a morte dun ser querido. A inercia á hora de mudar calquera uso ou costume, a comezar polo lingüístico, fixeron o demais e manteñen inalterado o esquema na actualidade.

As compañeiras e compañeiros da zona de Lugo veñen de traballar con acerto nunha iniciativa para intentar estender o uso do galego no eido empresarial das funerarias, tanatorios e mesmo medios de comunicación con seccións de decesos, querendo garantir que estes negocios poidan cando menos respectar o desexo das familias –mesmo a vontade da persoa finada –tamén no que á lingua se refire. Para isto elaboraron toda unha serie de documentos, modelos de esquela (laicas e relixiosas), follas de datos terminolóxicas…traducidas para o galego, co obxectivo de llelas facilitar ás empresas e dar todas as facilidades posíbeis. Comezárono a facer polos tanatorios e funerarias da súa zona, porén é o desexo da Mesa pór ao dispor do público en xeral este inxente e desinteresado traballo para quen así quixer poder empregalo.

Soamente tes que pórte en contacto co local nacional da Mesa ou enviares un correo electrónico ao enderezo linhadogalego@amesanl.org e farémoscho chegar.

Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis