No SERGAS reclama atención en galego. É O TEU DEREITO!

NON O DUBIDES: acudir a calquera centro médico ou hospitalario e demandar o uso do galego É UN DEREITO que a todas/os nos asiste. Se non cho garanten, RECLÁMAO! Malia que a xestión e funcionamento das diferentes instalacións sanitarias galegas foi transferida á Xunta de Galiza –que creou o SERGAS –xa hai varios anos, un […]

NON O DUBIDES: acudir a calquera centro médico ou hospitalario e demandar o uso do galego É UN DEREITO que a todas/os nos asiste. Se non cho garanten, RECLÁMAO!

Malia que a xestión e funcionamento das diferentes instalacións sanitarias galegas foi transferida á Xunta de Galiza –que creou o SERGAS –xa hai varios anos, un simple paseo por calquera centro de saúde ou complexo hospitalario de calquera das nosas vilas ou cidades fainos pensar que realmente a rede sanitaria pública depende de Madrid, Castela ou Andalucía: determinada sinaléctica estándar está normalizada (mais nin de lonxe toda a que hai), porén escritos e avisos do día a día dos centros aparecen unicamente en castelán; do mesmo xeito acontece coa atención ao público, telefónica e persoal, onde a lingua galega e os dereitos das persoas galegofalantes son excluídos.

O SERGAS, e todo o seu persoal sanitario, depende da Xunta e é, como tal, galego, ao servizo dunha sociedade cunha lingua de seu, o galego, que emprega maioritariamente.

Esta campaña, iniciada pola Mesa de Lugo, estase a estender a toda Galiza. Non deixes que conculquen os teus dereitos lingüísticos!

ILUMINA O GALEGO!

Solicítalle a BEGASA (Barras Eléctricas) que che envíe a documentación, facturas e publicidade en galego e que esta sexa a súa lingua de atendemento inicial nas súas oficinas en Galiza

Solicítalle a BEGASA (Barras Eléctricas) que che envíe a documentación, facturas e publicidade en galego e que esta sexa a súa lingua de atendemento inicial nas súas oficinas en Galiza

Continuar lendo…

A Mesa denuncia que a delegación da Axencia Tributaria de Santiago non presta servizo de atención telefónica en galego

Malia existir en teoría a posibilidade de escoller a lingua de atendemento, as chamadas aténdense por defecto en castelán Unha cidadá fíxolle saber o caso á Mesa a través da Liña do Galego, o servizo que a entidade en defensa da lingua pon ao dispor de toda a cidadanía

Malia existir en teoría a posibilidade de escoller a lingua de atendemento, as chamadas aténdense por defecto en castelán

Unha cidadá fíxolle saber o caso á Mesa a través da Liña do Galego, o servizo que a entidade en defensa da lingua pon ao dispor de toda a cidadanía

Continuar lendo…

ENDESA.- Membros da Mesa das Pontes reuníronse co delegado territorial de Endesa para exixirlle que a empresa use o galego

A Mesa enviou cartas á compañía eléctrica en reiteradas ocasións con esta demanda, mais sen recibir resposta O delegado de Endesa para o Noroeste peninsular, Francisco Aréchaga, comprometeuse a dar traslado da reivindicación perante a dirección da compañía

A Mesa enviou cartas á compañía eléctrica en reiteradas ocasións con esta demanda, mais sen recibir resposta

O delegado de Endesa para o Noroeste peninsular, Francisco Aréchaga, comprometeuse a dar traslado da reivindicación perante a dirección da compañía

Continuar lendo…

SERMOS GALIZA.- Acto de presentación do proxecto na Mariña

Presentación na Mariña do proxecto Sermos Galiza en diferentes localidades galegas. Sexta feira, 14 de outubro, ás 20.30 h na Casa da Cultura Manuel María de Foz. Organizada pola Federación Galiza Cultura da Mariña.

Presentación na Mariña do proxecto Sermos Galiza en diferentes localidades galegas. Sexta feira, 14 de outubro, ás 20.30 h na Casa da Cultura Manuel María de Foz. Organizada pola Federación Galiza Cultura da Mariña.

Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis