ABERTOS AO GALEGO.- As empresas de Abertos ao galego: Rinoceronte Editora

Rinoceronte Editora nace en Cangas do Morrazo en 2005 co obxectivo de publicar traducións ao galego de literatura estranxeira. Rinoceronte publica principalmente títulos recentes, sobre todo procedentes de ámbitos culturais e lingüísticos novidosos para a literatura na nosa lingua. Foron os primeiros en traducir desde o finlandés, o húngaro, o xaponés, o islandés ou o […]

Rinoceronte Editora nace en Cangas do Morrazo en 2005 co obxectivo de publicar traducións ao galego de literatura estranxeira. Rinoceronte publica principalmente títulos recentes, sobre todo procedentes de ámbitos culturais e lingüísticos novidosos para a literatura na nosa lingua. Foron os primeiros en traducir desde o finlandés, o húngaro, o xaponés, o islandés ou o hebreo para galego.

Continuar lendo…

Presentación en Madrid o vindeiro 5 de xullo do libro ‘En castellano no hay problema’

A terza feira (martes) 5 de xullo, o Centro Galego de Madrid, sito na rúa Carretas, 14-3º andar, acollerá a presentación da obra En castellano no hay problema. No evento participarán Francisco Jorquera, deputado do BNG no Congreso dos Deputados, e Carlos Callón, autor do volume e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.

A terza feira (martes) 5 de xullo, o Centro Galego de Madrid, sito na rúa Carretas, 14-3º andar, acollerá a presentación da obra En castellano no hay problema.

No evento participarán Francisco Jorquera, deputado do BNG no Congreso dos Deputados, e Carlos Callón, autor do volume e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.

Presentación en Monforte do libro En castellano no hay problema

O serán da quinta feira (xoves) 23 de xuño ás 20.15 h a galería Sargadelos de Monforte de Lemos acollerá a presentación do libro En castellano no hay problema.  No evento participarán Andrés Gómez Chao, responsábel da Mesa na comarca, e a escritora Alicia Fernández, ademais do propio autor, Carlos Callón. No volume, o presidente da […]

O serán da quinta feira (xoves) 23 de xuño ás 20.15 h a galería Sargadelos de Monforte de Lemos acollerá a presentación do libro En castellano no hay problema

No evento participarán Andrés Gómez Chao, responsábel da Mesa na comarca, e a escritora Alicia Fernández, ademais do propio autor, Carlos Callón.

No volume, o presidente da Mesa analiza a situación da lingua galega nos últimos 15 anos, con especial atención ao período do bipartito e ao comezo do goberno de Alberto Núñez Feijóo.

Galego estremeiro.- A Mesa demanda un compromiso real da administración co ensino do galego no Bierzo

A asociación apoia as demandas dos colectivos sociais e do profesorado de galego da comarca estremeira A entidade presidida por Carlos Callón pide “investigar de oficio” se hai centros onde se presiona o alumnado para que non se matriculen na materia de Lingua Galega

A asociación apoia as demandas dos colectivos sociais e do profesorado de galego da comarca estremeira

A entidade presidida por Carlos Callón pide “investigar de oficio” se hai centros onde se presiona o alumnado para que non se matriculen na materia de Lingua Galega

Continuar lendo…

As empresas de Abertos ao Galego: Andrómenas

Andrómenas é unha tenda de decoración, listas de voda e agasallos de empresa de Santiago de Compostela. Está ubicada no ensanche compostelano, na rúa Doutor Teixeiro, 30.

Andrómenas é unha tenda de decoración, listas de voda e agasallos de empresa de Santiago de Compostela. Está ubicada no ensanche compostelano, na rúa Doutor Teixeiro, 30.

Continuar lendo…

Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis