Inspección reprende a Enaire por vulnerar o dereito dunha empregada a usar a lingua galega

A entidade pública que xestiona a navegación aérea en España pretendía forzala a comunicarse co departamento de Recursos Humanos e co director rexional en español, tanto verbalmente como por escrito, incumprindo o dictado pola Constitución Española, polo Estatuto de Autonomía de Galicia e pola Lei de Normalización Lingüística Compostela, 4 de decembro de 2020.- A […]

A entidade pública que xestiona a navegación aérea en España pretendía forzala a comunicarse co departamento de Recursos Humanos e co director rexional en español, tanto verbalmente como por escrito, incumprindo o dictado pola Constitución Española, polo Estatuto de Autonomía de Galicia e pola Lei de Normalización Lingüística

Compostela, 4 de decembro de 2020.- A inspección de traballo vén de reprender a entidade pública que xestiona a navegación aérea en España, Enaire, por vulnerar o dereito dunha empregada a empregar a lingua galega no seu traballo. Tanto a responsable de Recursos Humanos como o director rexional da entidade pretendían forzala a comunicarse con eles en español, tanto verbalmente como por escrito. Inspección recórdalles que tanto a propia Constitución Española como o Estatuto de Autonomía de Galicia e a súa Lei de Normalización Lingüística recoñecen “expresamente” un dereito persoal de elección de uso da lingua galega, como lingua cooficial.

“Ao tratarse dunha relación laboral que se formalizou en Galicia, para a prestación de servizos nun centro de traballo situado en Galicia”, explica o informe de inspección, “a traballadora ten dereito a usar o galego nas súas comunicacións verbais ou escritas”. Aínda que a empresa ten carácter estatal, ten situado o centro de traballo en Galiza e debe rexerse e acatar as normas sobre o uso de lingua cooficial desta comunidade, “con independencia que a empresa decidise organizar a súa empresa centralizando o departamento de recursos humanos en Madrid”. “Dita decisión organizativa empresarial”, explica dito informe, “en ningún caso pode supor unha perda do dereito ao uso da lingua cooficial galega por parte da traballadora”.

“A traballadora pode decidir en que idioma expresarse”, abunda, “sempre que sexa cooficial no territorio onde se prestan os servizos e para onde a traballadora foi contratada”. “A empresa non se pode escudar na falta de obrigación e descoñecemento da lingua galega do persoal designado para a xestión de recursos humanos”, conclúe.

Recibimos con esperanza o rexistro no Congreso dunha iniciativa para garantir o uso da lingua propia a toda a cidadanía

Unha Proposición non de lei (PNL) que recolle parte do manifesto Liberdade, igualdade, democracia que presentamos as entidades sociais polas linguas en febreiro foi rexistrada esta mañá no Congreso español coa sinatura de BNG, Compromís, PNV, EH Bildu, JxCat, PDCAT, ERC, CUP, Más Madrid e Podemos Compostela, 3 de decembro de 2020.- A Mesa pola […]

Unha Proposición non de lei (PNL) que recolle parte do manifesto Liberdade, igualdade, democracia que presentamos as entidades sociais polas linguas en febreiro foi rexistrada esta mañá no Congreso español coa sinatura de BNG, Compromís, PNV, EH Bildu, JxCat, PDCAT, ERC, CUP, Más Madrid e Podemos

Compostela, 3 de decembro de 2020.- A Mesa pola Normalización Lingüística amosouse hoxe esperanzada após o rexistro, cun apoio amplo, dunha Proposición non de lei (PNL) para garantir o uso da lingua propia a toda a cidadanía. A iniciativa, que recolle o sinalado no manifesto Liberdade, igualdade, democracia presentado polas entidades sociais de defensa da lingua o pasado febreiro no Congreso español, foi rexistrada coa sinatura de BNG, Compromís, PNV, EH Bildu, JxCat, PDCAT, ERC, CUP, Más Madrid e Podemos.

Para o presidente da Mesa, Marcos Maceira, “este é un paso pequeno mais de grande relevancia para que o Estado comece a tratar con igualdade a toda a cidadanía, para podermos vivir nas nosas linguas coa mesma facilidade, coa mesma dificuldade, que un cidadán de Madrid en castelán”. Se esta PNL for finalmente aprobada, Maceira espera que teña consecuencias prácticas para que en troques de “especial respecto e protección” haxa o mesmo tratamento, a todos os niveis, nos distintos territorios. “Nen máis nen menos”, sentencia, “porque o racismo lingüístico non pode ter o amparo do BOE”.

Esta iniciativa partiu do manifesto Liberdade, igualdade e democracia, elaborado polas entidades sociais de defensa das linguas do conxunto do Estado froito dunha reflexión conxunta derivada da necesidade de pór enriba da mesa compromisos políticos concretos que, fronte ás ameazas, servisen para dar seguridade, garantías e pleno recoñecemento no Estado a todas as linguas proprias. “Fronte ás ameazas”, asegura Maceira, “debemos afirmar que ningún grupo humano é superior a outro por nengunha razón, tamén non o é por razón de lingua e que é o Estado quen se debe adaptar a esta realidade e non ao revés, modificando todo o que for preciso para atender a este feito”.

Segundo o presidente da Mesa “un Estado debe ser excluínte con todas as discriminacións sexa cal for a súa razón, tamén a lingüística”, polo que “se de verdade se quixeren avances na democracia e no recoñecemento de dereitos humanos débese sinalar  a diferenza con eses partidos que atacan a pluralidade e a diferenza en todas as súas formas, tamén na lingüística”. Por isto, asegura, “é tan importante que os partidos tomen compromisos concretos coma este”. Maceira insiste en que se dan as condicións adecuadas para dar un xiro no que atinxe á garantía dos dereitos lingüísticos da cidadanía. “Por isto”, explica, “fixemos a comezos de ano unha proposta conxunta con compromisos concretos que hoxe chegan ao Congreso e que se poden levar a cabo desde mañá mesmo, se realmente existir unha vontade política de construír unha sociedade baseada na liberdade, a igualdade e a democracia. Quer dicir, unha sociedade sustentada na diversidade lingüística”.

A manifesto que hoxe frutificou na PNL presentada por BNG, Compromís, PNV, EH Bildu, JxCat, PDCAT, ERC, CUP, Más Madrid e Podemos contou coa implicacións de diversas entidades de todo o Estado, ademais da propia Mesa pola Normalización Lingüística, como Kontseilua (Euskal Herria), Ómnium Cultural, Ciemen e Plataforma per a Llengua (Cataluña), Acción Cultural de o País Valencia (País Valenciá), Obra Cultural Balear (Illas Baleares), Nogará (Aragón) ou Iniciativa pel Asturianu (Asturias). Os axentes sociais do Estado coidan, ademais, que os compromisos marcados na súa proposta foron avalados tanto nas Recomendacións do Comité de Ministros como nas do Comité de Expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, no último informe sobre o seu cumprimento por parte do Estado.

A comunidade educativa pídelle á Xunta diálogo para normalizar o galego no ensino

Colectivos docentes, movementos de renovación pedagóxica, ANPAS e a Mesa pola Normalización Lingüística insisten en que o Goberno galego ten que sentarse a dialogar “para cumprir coas demandas do Consello de Europa, da ONU, da sociedade galega e da propia comunidade educativa” Compostela, 26 de novembro de 2020.- Membros dos colectivos que elaboraron a Proposta […]

Colectivos docentes, movementos de renovación pedagóxica, ANPAS e a Mesa pola Normalización Lingüística insisten en que o Goberno galego ten que sentarse a dialogar “para cumprir coas demandas do Consello de Europa, da ONU, da sociedade galega e da propia comunidade educativa”

Compostela, 26 de novembro de 2020.- Membros dos colectivos que elaboraron a Proposta de bases para a normalización do galego no ensino en Galiza pedíronlle á Xunta que se sente a dialogar coa comunidade educativa, nunha rolda conxunta diante da Consellería de Educación. “Insistiremos todo o que faga falta e esgotaremos todas a vías ata conseguir que falen con nós”, aseguran.
A Mesa pola Normalización Lingüística, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), Nova Escola Galega (NEG), a Confederación de Anpas Galegas, a Confederación Intersindical Galega – ensino (CIG Ensino), a Confederación Sindical Independente de Funcionarios- Ensino (CSIF- Ensino) e o Sindicato de Traballadores/as do Ensino de Galiza (STEG) elaboraron esta proposta conxunta para dar solución ás necesidades detectadas polo Consello de Europa, que a finais de 2019 aseguraba que se deben “eliminar as limitacións ao ensino en galego en Galiza”.

Solicitaronlle ao Conselleiro de Educación que se reunise con representantes destas organizacións, para poder presentarlle a proposta, pero non obtiveron ningunha resposta. “A única resposta á nosa solicitude de diálogo foron as declaracións do Conselleiro e do Presidente baseadas na mentira e na manipulación contra o recoñecemento mínimo á existencia dunha realidade plurllingüe no Estado”, denunciou esta mañá o presidente da Mesa, Marcos Maceira. “Respecto ao Decreto”, engadiu, “aínda se atreveron a sinalar este domingo que non é o mellor mais si o máis consensuado. A nosa presenza aquí demostra a falsidade”.

As entidades que elaboraron esta proposta representan a maioría do profesorado, Anpas e movementos de renovación pedagóxica e denuncian que ante a súa oferta de diálogo non recibiron da Xunta máis que silencio. Insisten ten que o Goberno galego ten que sentarse a dialogar con eles para cumprir coas demandas do Consello de Europa, da ONU, da sociedade galega e da propia comunidade educativa. “Pensa a Xunta atender as indicación do Consello de Europa que leva sinalando o mesmo 10 anos e en cada resolución con máis intensidade?”, preguntábase Maceira esta mañá. “Pensa facer algo en relación ao informe da ONU no mesmo sentido?”, engadía, “Pensa a Xunta cumprir coa súa obriga de garantir o coñecemento de galego que todos os estudos sinalan que non se consegue?”. “A única lingua oficial cuxo coñecemento non se garante ao rematar cada unha das etapas educativas é a galega”, recorda.

“No confinamento agraváronse as dificuldades de uso do galego por dúas vías: a escaseza de materiais didácticos e o dominio de TVE nas aulas televisadas baseadas no curriculum”, recordou Maceira esta mañá, “onde estivo o presidente da Xunta entón?”. “Feixoo non está posto polas galegas e galegos para renegar da condición de galego e de presidente da Xunta á mínima oportunidade”, criticou, “senón para asumir a súa responsabilidade”.

A Proposta de bases para a normalización do galego no ensino en Galiza foi  elaborada conxuntamente por A Mesa pola Normalización Lingüística, Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), Nova Escola Galega (NEG), Confederación de Anpas Galegas, Confederación Intersindical Galega – ensino (CIG Ensino), Confederación Sindical Independente de Funcionarios- Ensino (CSIF- Ensino) e Sindicato de Traballadores/as do Ensino de Galiza (STEG).

Queremos Galego pídelle ao PP que retire a PNL contra o recoñecemento da pluralidade lingüística na LOMLOE

Queremos Galego concentrouse esta mañá fronte á Sede autonómica do PP, en Santiago de Compostela, para pedirlle ao Partido Popular que retire a Proposición Non de Lei contra o recoñecemento da pluralidade lingüística do Estado que recolle a LOMLOE, coñecida como Lei Celaá. “Trátase dunha iniciativa contra o galego”, afirma o voceiro de Queremos Galego […]

Queremos Galego concentrouse esta mañá fronte á Sede autonómica do PP, en Santiago de Compostela, para pedirlle ao Partido Popular que retire a Proposición Non de Lei contra o recoñecemento da pluralidade lingüística do Estado que recolle a LOMLOE, coñecida como Lei Celaá.
“Trátase dunha iniciativa contra o galego”, afirma o voceiro de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, que ademais “obvia o feito de que a situación da lingua galega no ensino depende da xestión do Goberno de Feixoó”. Feixoo sabe que diga o que dixer a lei estatal”, engade Maceira, “quen pode regular o uso do galego é a Xunta e el mesmo decidiu unilateralmente impor por decreto graves restricións ao seu uso, contra todas as entidades do ensino, a sociedade e múltiples e masivas manifestacións e mesmo o Consello de Europa, a última vez en decembro do ano pasado”.

A este respecto, Maceira insta ao Conselleiro de Educación a aceptar a proposta de bases para a normalización do ensino feita en xuño pola representación maioritaria do profesorado (CIG Ensino, STEG, CISF), as ANPAS Galegas, os movementos de renovación pedagóxica e a propia Mesa.

 
Queremos Galego anuncia mobilizacións se a PNL do PP prosegue coa súa tramitación parlamentaria.

PuntoGal e a Mesa pola normalización lingüística asinan un convenio de colaboración

Os presidentes da Asociación PuntoGal, Manuel González González, e da Mesa pola normalización lingüística (A Mesa), Marcos Maceira Eiras, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal A Mesa se compromete a dar cobertura ás actividades realizadas por PuntoGal para promover a utilización do dominio a través dos seus órganos de expresión. Ademais, e grazas […]

Os presidentes da Asociación PuntoGal, Manuel González González, e da Mesa pola normalización lingüística (A Mesa), Marcos Maceira Eiras, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal A Mesa se compromete a dar cobertura ás actividades realizadas por PuntoGal para promover a utilización do dominio a través dos seus órganos de expresión. Ademais, e grazas a este acordo, as asociadas poderán obter un dominio .gal a prezos reducidos. A sinatura realizouse de xeito telemático.

PuntoGal, que supera os cinco mil cincocentos dominios rexistrados, “é un dominio lingüístico e cultural que pretende darlle visibilidade a Galicia e, de maneira moi especial, ao seu principal elemento de identidade, que é a lingua galega”, comentou o presidente de PuntoGal, Manuel González. Gonzalez salientou que “a colaboración con organizacións como a Mesa pola normalización lingüística, que é un piar fundamental na implantación social da lingua galega e na defensa dos dereitos lingüísticos da cidadanía galega, é case unha obriga e unha oportunidade para sumar esforzos no camiño da nosa normalización lingüística e cultural.”

Pola súa banda, Marcos Maceira quixo agradecer a colaboración de PuntoGal nunha iniciativa que “visibiliza o compromiso da sociedade galega coa nosa lingua, tamén na rede”. Maceira salientou tamén a oportunidade que este convenio supón para que “as as empresas que forman parte da iniciativa Abert@s ao galego” se incorporen á iniciativa.

O convenio entrambas entidades inclúe a posibilidade de que as asociadas á Mesa poidan mercar un dominio .gal ao prezo reducido de 13 euros máis IVE. Para facer efectiva a oferta, terán que utilizar códigos promocionais a través dos rexistradores que colaboran na promoción, Dinahosting e Entorno Digital.

Queremos Galego pídelle ao Presidente da Xunta que defenda a Galiza e a súa lingua

Queremos Galego concentrouse esta mañá fronte ao Parlamento de Galiza, en Santiago de Compostela, para pedirlle ao presidente da Xunta que defenda a Galiza e galego da nova campaña contra o uso do galego como lingua vehicular no ensino que xurdiu nos últimos días a nivel estatal, a partir dun texto legal que di que […]

Queremos Galego concentrouse esta mañá fronte ao Parlamento de Galiza, en Santiago de Compostela, para pedirlle ao presidente da Xunta que defenda a Galiza e galego da nova campaña contra o uso do galego como lingua vehicular no ensino que xurdiu nos últimos días a nivel estatal, a partir dun texto legal que di que “as administracións educativas garantirán o dereito do alumnado a recibiren ensino en castelán e nas demais linguas cooficiais nos seus respectivos territorios”.
 
“Menten e manipulan para atacar a oficialidade do galego”, asegura o voceiro de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, “ou é oficial unha lingua que non se permite como vehicular nas aulas?”. Feixoo sabe que diga o que dixer a lei estatal”, engade Maceira, “quen pode regular o uso do galego é a Xunta e el mesmo decidiu unilateralmente impor por decreto graves restricións ao seu uso, contra todas as entidades do ensino, a sociedade e múltiples e masivas manifestacións e mesmo o Consello de Europa, a última vez en decembro do ano pasado”.

A este respecto, o presidente da Mesa recorda que o Conselleiro de Educación nunca respostou á solicitude de xuntanza que lle fixo a entidade de defensa da lingua para presentarlle a proposta de bases para a normalización do ensino feita en xuño pola representación maioritaria do profesorado (CIG Ensino, STEG, CISF), as ANPAS Galegas, os movementos de renovación pedagóxica e a propia Mesa.

 
“A primeira obriga do presidente da Xunta é defender Galiza e a súa lingua”, di Maceira. “Se o que quere Feixoó é facer oposición ao goberno do Estado”, engade, “ten motivos de sobra para faceloo exercendo de verdadeiro presidente, poñéndose do lado da sociedade galega cando ésta lle reclama ao Ministerio de Ciencia que deixe de vetar os traballos académicos en galego nos seus premios e recoñecementos, a TVE que emita os seus contidos dobrados ou lexendados ao galego ou ao SEPE que permita facer xestións no idioma de Galiza”. “Tampouco vimos a Feixoó pedir que a aplicación para alertar da Covid estivese tamén en galego”, recorda, “ou exercendo as competencias da Xunta para que o teléfono da COVID atendese en galego ou dirixíndose el mesmo en galego á cidadanía”. “Preferiu usar a COVID contra o galego e vez de combatela”, remata.

A Mesa insta o PP de Galiza a abandonar “a campaña de odio, de mentiras e de manipulación contra o galego no ensino”

O presidente da entidade de defensa da lingua, Marcos Maceira, resposta ás declaracións de Miguel Tellado sobre a modificación da LOMCE pedíndolle que aproveite a oportunidade para reverter a reforma unilateral do PP e atender, así, as indicacións do Consello de Europa ao respecto Compostela, 5 de novembro de 2020.- A Mesa pola Normalización Lingüísitica […]

O presidente da entidade de defensa da lingua, Marcos Maceira, resposta ás declaracións de Miguel Tellado sobre a modificación da LOMCE pedíndolle que aproveite a oportunidade para reverter a reforma unilateral do PP e atender, así, as indicacións do Consello de Europa ao respecto

Compostela, 5 de novembro de 2020.- A Mesa pola Normalización Lingüísitica insta o Partido Popular de Galicia que abandone “a campaña de odio, de mentiras e de manipulación contra o galego no ensino”. O presidente da entidade de defensa da lingua, Marcos Maceira, resposta ás declaracións do portavoz do PP, Miguel Tellado, sobre amodificación da LOMCE pedíndolle que aproveite a oportunidade para regresar á situación anterior á reforma unilateral do PP e atender as indicacións do Consello de Europa de garantir o galego como lingua vehicular do ensino en Galiza.
 
“O que é un despropósito”, explica Maceira, “é manter un decreto contra o galego rexeitado por toda a comunidade educativa, pola sociedade e mesmo polo Consello de Europa e facelo cando os datos sobre os efectos do mal chamado decreto de plurilingüismo, son terroríficos”. “Insitir en manter este decreto é letal para Galiza e o galego”, conclúe.
 
Maceira lembra que hai unha proposta que conta cun amplo consenso na comunidade educativa, Proposta de bases para a normalización do galego no ensino en Galiza, que realizaron o pasado mes de xuño a entidade de defensa da lingua e as ANPAS, organizacións sindicais e movementos de renvación pedagóxica. “O PP e a Xunta deben asumir a proposta da Mesa, CIG-Ensino, CSIF-Ensino, STEG, Federación de ANPAS Galegas, AS-PG e NEG como unha oportunidade para garantir o futuro do galego”.

A Mesa insta a Xunta a aproveitar a modificación da LOMCE para eliminar as restricións ao ensino en galego

A entidade solicitou unha xuntanza co conselleiro de Educación, para presentarlle un modelo de sistema educativo co galego como lingua vehicular e de aprendizaxe elaborado xunto con movementos de renovación pedagóxica, ANPAS e organizacións sindicais Compostela, 5 de novembro de 2020.- A Mesa pola Normalización Lingüísitica insta a Xunta a aproveitar a modificación da LOMCE […]

A entidade solicitou unha xuntanza co conselleiro de Educación, para presentarlle un modelo de sistema educativo co galego como lingua vehicular e de aprendizaxe elaborado xunto con movementos de renovación pedagóxica, ANPAS e organizacións sindicais

Compostela, 5 de novembro de 2020.- A Mesa pola Normalización Lingüísitica insta a Xunta a aproveitar a modificación da LOMCE -que, segundo foi anunciado, eliminirá algunas das restricións ao galego- para implementar a Proposta de bases para a normalización do galego no ensino en Galiza que realizaron o pasado mes de xuño a entidade de defensa da lingua e as ANPAS, organizacións sindicais e movementos de renvación pedagóxica.

“O goberno galego non só se debe mostrar favorábel a estas modificacións”, asegura o presidente da Mesa, Marcos Maceira, “senón que debe actuar no seu propio marco legal para cumprir co sinalado polo Comité de minstros do Consello de Europa, derrogando o decreto contra o galego no ensino”. Maceira recorda que “a mestura da LOMCE co decreto derivou nun cóctel explosivo que na Educación Secundaria aumenta significamente a carga horaria das materias onde está vetada a presenza do galego. e que, na Educación Infantil, o uso do galego no conxunto do país está relegado a un mísero 8%”.

A entidade pola lingua solicitou unha reunión co conselleiro de educación, para presentarlle o documento elaborado conxuntamente por diversos axentes da comunidade educativa e que propón un modelo de sistema educativo no que o galego sexa a lingua vehicular e de aprendizaxe. Ten en conta aspectos básicos como a formación do profesorado e do persoal do centro e a implicación de familias e alumnado nun proceso ao que ninguén pode ficar alleo. Esta implicación concrétase na participación da comunidade educativa tanto nas equipas de normalización como na súa actividade.

Coa súa Proposta de normalización do galego no ensino en Galiza, A Mesa, movementos de renovación pedagóxica, ANPAS e organizacións sindicais queren garantir o ensino en galego e dunha perspectiva galega que, ao tempo, contribúa a mudar a situación na sociedade. O documento recolle achegas de todas as organizacións asinantes e conta cun amplo acordo para conseguir que o galego sexa a lingua vehicular do noso sistema educativo.

Correlingua fai 20 anos movéndose pola lingua e volve aos centros tras o adiamento

Doce centros escolares de doce localidades galegas acollerán as actividades da celebración nunha edición que incorpora o streaming e que cumprirá con todas normas sanitarias de prevención O Correlingua é unha actividade organizada por CIG-Ensino, A Mesa e a AS-PG, co apoio das deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra Pontevedra, 30 de outubro de 2020.-  […]

Doce centros escolares de doce localidades galegas acollerán as actividades da celebración nunha edición que incorpora o streaming e que cumprirá con todas normas sanitarias de prevención

O Correlingua é unha actividade organizada por CIG-Ensino, A Mesa e a AS-PG, co apoio das deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra

Pontevedra, 30 de outubro de 2020.-  O Correlingua cumpre 20 anos nunha situación excepcional pero máis decidida que nunca a ser unha festa da lingua e en facer participar as rapazas e rapazas dos centros escolares do país nunha celebración a favor do galego que non pode deterse. Correlingua pecha a paréntese aberta pola pandemia e volve aos centros escolares para reclamar unha vida en galego e o dereito ao uso da lingua propia.

Nesta edición, Correlingua terá presenza física en 12 centros escolares de outras tantas localidades galegas e contará coa participación de 9 artistas en 16 actuacións. As actividades de Correlingua comezarán o 5 de novembro en Narón e prolongaranse ao longo de todo o mes de novembro. Na pasada primavera, a celebración estendida da lingua viuse obrigada a adiar as súas actividades por causa da pandemia que, a día de hoxe, segue afectando á normalidade da vida en Galicia.

Na presentación da vixésima edición desta actividade, que se celebra baixo o lema, Vinte coa lingua!, participaron María Ortega, deputada do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, Patrimonio Material e Memoria Histórica, Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos;Alberto Oubiña; concelleiro de Xuventude, Normalización Lingüística e Coordinación do rural en Pontevedra; Anxo Terán, presidente da Asociación Cultural Correlingua; Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística; Xacobe Rodríguez, secretario comarcal CIG-Ensino (Pontevedra).

Tal como se puxo de manifesto na presentación aos medios desta nova edición de Correlingua, as excepcionais circunstancias que concorren neste ano 2020 obrigan adaptarse a elas e polo tanto, as celebracións realizaranse de maneira controlada nos distintos centros que este ano acollen o Correlingua e engádese a transmisión dixital destas actividades para que todos os centros que o queiran poidan asistir virtualmente a elas. Deste xeito, Correlingua segue a celebrar coa rapazada dos centros o dereito a vivir en galego e a reivindicar o dereito a vivir nela. Segundo sinalou o presidente de Correlingua, Anxo Terán, a edición deste ano “non podía pararse”. Terán sinalou que por máis difícil que estea sendo a pandemia non se podía parar, “menos neste noso novo vixésimo aniversario. Xuntamos nestas últimas edicións profesorado que hai anos participaba como alumnado; imos medrando e por iso estamos ledas decelebrarmos os vinte anos, un ano especial para un Correlingua diferente”. Terán tamén adicou esta edición a alumnas e alumnos, ao profesorado, as institucións que nos levan apoiando todos estes anos”.

No mesmo sentido, a deputada provincial, María Ortega, sinalou a excepcionalidade do momento que se vive e a necesidade de que nestas circunstancias se siga traballando na defensa e no uso da lingua. Para o concelleiro de Pontevedra, Alberto Oubiña, a lingua “non é só para as celebracións e por iso é importante manter a actividade arredor dela e promover o seu uso diario”.

Así mesmo, Maceira non quixo deixar pasar a oportunidade de subliñar que a día de hoxe aínda hai limitacións dos contidos en galego para a rapazada e a mocidade, cunha programación da TVG limitada, motivo polo que a Mesa puxo en marcha a campaña para ter unha canle do Xabarín para axente moza, dobraxes en galego e outras melloras no audiovisual e acultura. O Correlingua, denominación que desde 2001 adoptan as diversas carreiras a prol do idioma que se celebran por toda Galiza, cumpre 20 anos, efeméride que conmemora co lema Vinte coa lingua, despois do exitoso O galego é a fórmula empregado en 2019.

Organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), A Mesa pola Normalización Lingüística e a CIG-Ensino, trátase dunha proposta de carácter lúdico, educativo e reivindicativo que nestes 20 anos de traxectoria acumulou diferentes recoñecementos, entre os que destaca o Premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña, polo seu «destacado compromiso coa lingua, capacidade de introducir o galego desde a infancia entre as máis cativas e cativos e por manter ese uso vivo a medida que medran a través de múltiples actividades».

Esas actividades teñen como obxectivos «propiciar a reflexión sobre a situación da lingua e a importancia de activar as accións a prol dela», «sensibilizar a sociedade, a través da poboación infantil e moza, da importancia da defensa da lingua», «asociar o uso do idioma a actividades colectivas, lúdicas e de interacción entre o alumnado de diferentes centros e localidades» e «contribuír a manter vivo o maior patrimonio creado polas galegas e os galegos e implicar as xeracións máis novas no cumprimento deste obxectivo».

Cada ano son máis de 20.000 nenos e nenas, mozas e mozos, os que participan nas actividades desenvolvidas arredor da celebración do Correlingua e mesmo hai casos de persoas que tendo participado nun Correlingua como alumnos xa tiveron a oportunidade participar como Mestres. Neste sentido, hai quen considera que o mesmo que no seu día houbo unha xeración Xabarín, agora podemos falar xa dunha Xeración Correlingua.

Localidades Correlingua
Narón. Pazo da Cultura | 5 de novembro 20
Lugo. IES Nosa señora dos ollos grandes | 6 de novembro 20
O Rosal (CPI Manuel Suárez Marquier) | 12 de novembro 20
Pontevedra (CEIP de Xeve) | 18 de novembro 20
Moaña. Centro sociocultural Daniel Castelao (Quintela) | 19 de novembro 20
A Mariña. Xove. CEIP Caselles Rollán | 20 de novembro 20
Ourense. IES As Lagoas | 27 de novembro 20
Vigo (IES Ricardo Mella) |
A Coruña. CEIP. Alborada.
A Estrada
Zas. CPI de Zas
Rianxo

Artistas participantes
Luís Caruncho
Cuarta Xusta
AldaoLado
Isabel Risco
Cé Orquestra Pantasma
A Gramola Gominola
Paco Nogueiras
Monoulius
Biribirlocke

Pésame polo falecemento de Xosé Manuel Millán Otero

A Mesa pola Normalización Lingüística súmase á dor de familiares e amigos pola perda de Xosé Manuel Millán Otero, socio da Mesa e incansábel defensor da nosa lingua. O profesor, escritor, poeta, activista e político faleceu esta quinta feira, 29 de outubro. XM millán Otero (32 kB)

A Mesa pola Normalización Lingüística súmase á dor de familiares e amigos pola perda de Xosé Manuel Millán Otero, socio da Mesa e incansábel defensor da nosa lingua.

O profesor, escritor, poeta, activista e político faleceu esta quinta feira, 29 de outubro.

Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis