A Mesa pola Normalización Lingüísitica, movementos de renovación pedagóxica, ANPAS e organizacións sindicais deseñan de xeito conxunto un modelo de sistema educativo co galego como lingua vehicular e de aprendizaxe Compostela, 23 de xuño de 2020.- A praza de Mazarelos de Compostela, onde Carvalho Calero impartiu aulas como primeiro catedrático de lingua galega da universidade […]
Coa súa Proposta de normalización do galego no ensino en Galiza, A Mesa, movementos de renovación pedagóxica, ANPAS e organizacións sindicais queren garantir o ensino en galego e dunha perspectiva galega que, ao tempo, contribúa a mudar a situación na sociedade. O documento, que recolle achegas de todas as organizacións asinantes e que conta cun amplo acordo, será presentado nos próximos días ás organizacións políticas e organizacións sociais, “para extender o apoio a unha proposta de extrema necesidade para o futuro de Galiza e do galego”. O presidente da Mesa agradeceu ás entidades asinantes e ás que finalmente decidiron esperar para confirmar o apoio, a súa disposición a traballar conxuntamente, “pondo a lingua por riba das lexítimas diferenzas”. “Despois de 10 anos o Decreto contra o galego chega ao seu fin. Damos un grande paso cunha proposta colectiva que sae da propia sociedade e da comunidade educativa, á que, estamos certos, se sumarán máis entidades do ámbito educativo. Traballaremos desde hoxe para que a aplique o goberno que saia das urnas o 12 de xullo, comezando por presentarlla aos partidos que concorren”.