HOMENAXE / Pésame polo falecemento de Aureli Argemí, fundador de CIEMEN

A Mesa pola Normalización Lingüística lamenta o falecemento de Aureli Argemí, fundador do Centro Internacional Escarré para as minorías étnicas e as nacións (CIEMEN) e gran defensor dos dereitos dos Países Cataláns e dos pobos sen estado.

Argemí foi unha das persoas promotoras da Declaración Universal dos Dereitos Colectivos dos Pobos (1990) e da Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos (1996).

A súa figura seguirá sempre vinculada ao CIEMEN, organización pioneira na defensa dos dereitos dos pobos de todo o mundo, que fundou en 1974 e que segue funcionando na actualidade e é unha gran referencia internacional. En 1985, Argemí abandona a vida monástica e dedicouse por completo á obra do CIEMEN. En 2016 recibiu a Cruz de Sant Jordi. Tamén foi galardoado coa Medalla de Ouro de Barcelona.

Argemí acababa de publicar un libro de memorias titulado, onde recolle as súas lembranzas de décadas de activismo a prol do país e da lingua.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra