Begoña Caamaño, socia da Mesa e incansábel defensora da nosa lingua, que enriqueceu coa súa recoñecida obra de creación literaria, destacou pola súa importante traxectoria como xornalista e por ser unha muller solidaria con moitas causas xustas, entre as que salienta o seu compromiso feminista.
A Mesa súmase á dor de familiares e amig@s ante esta irreparábel perda.