Pésame polo falecemento de Francisco Pillado

A Mesa pola Normalización Lingüística súmase á dor de familiares e amizades pola perda de Francisco Pillado Mayor, xornalista, escritor e persoa extraordinaria e imprescindíbel para entendermos a promoción da lingua galega no mundo editorial, polo seu labor na fundación, impulso e dirección da Editorial Laiovento, onde ocupou durante anos importantes responsabilidades. Elixido membro do Consello Directivo da AELG en 1984 e 1988, recolleu o Premio Bos e Xenerosos dedicado á Editorial Laiovento en 2014 en Pontevedra.

Figura fundamental no teatro da Galiza na segunda metade do século XX como promotor de compañías como a Escola Dramática Galega, Luís Seoane ou Elsinor Teatro.

Persoa comprometida coa defensa da lingua, destacamos a súa participación activa coa Mesa pola Normalización Lingüística e coa plataforma cidadá Queremos Galego! A súa perda é irreparábel para a promoción da lingua e a cultura galega.

Que a terra che sexa leve.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra