Noticias Noticias da Mesa

Presentación de A Viñeta de Schrödinger en Viñetas desde o Atlántico

O sábado 11 ás 18 h na rúa da banda deseñada da Coruña, terá lugar a presentación do número 1 da revista de banda deseñada A Viñeta de Schrödinger, editada pola Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega,  no marco do festival da banda deseñada Viñetas desde o Atlántico.

Este número de A Viñeta de Schrödinger conta coa colaboración de Miguelanxo Prado, Fran Bueno, Kiko da Silva, Kohell, Fernando Llor, Zaida Novoa, Miguel Rojo, Pablo Prado, Fonso Barreiro, Aldara, Joan Casaramona, Roberto M. Lamosa, Antonio M. Fraga, Víctor Rivas, Miriam Iglesias e Miguel Porto. A ilustración da portada é de Miguel Robledo e tamén podemos ler unha revista a Sarah Andersen.

Na presentación estarán presentes Kiko da Silva, director da revista,  Marcos Maceira, presidente  da Mesa pola Normalización Lingüística e Xoán Costa, presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega.

Podes subscribirte en: https://www.aviñetadeschrödinger.gal/

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis