O sábado 11 ás 18 h na rúa da banda deseñada da Coruña, terá lugar a presentación do número 1 da revista de banda deseñada A Viñeta de Schrödinger, editada pola Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, no marco do festival da banda deseñada Viñetas desde o Atlántico.
Este número de A Viñeta de Schrödinger conta coa colaboración de Miguelanxo Prado, Fran Bueno, Kiko da Silva, Kohell, Fernando Llor, Zaida Novoa, Miguel Rojo, Pablo Prado, Fonso Barreiro, Aldara, Joan Casaramona, Roberto M. Lamosa, Antonio M. Fraga, Víctor Rivas, Miriam Iglesias e Miguel Porto. A ilustración da portada é de Miguel Robledo e tamén podemos ler unha revista a Sarah Andersen.
Na presentación estarán presentes Kiko da Silva, director da revista, Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e Xoán Costa, presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
Podes subscribirte en: https://www.aviñetadeschrödinger.gal/