A Mesa pola Normalización Lingüística

Presentación de Abertos ao Galego en Ourense

O próximo 15 de marzo A Mesa pola Normalización Lingüística organiza, en colaboración coa Concellaría de Normalización Lingüística de Ourense, a presentación do noso proxecto para a dinamización do galego no ámbito empresarial. Abertos ao Galego çe un proxecto desde o que traballamos conxuntamente coas empresas colaboradoras para deseñar estratexias de promoción da actividade económica desde o obxectivo común da normalización da lingua galega.

Gustaríamos de que participases connosco no acto do próximo día 15 de marzo no Museo Municipal de Ourense ás 20.15 horas, para poder presentarche o noso proxecto e escoitar as túas propostas e suxestións.

Intervirán:

– Isabel Pérez, Tenente de Alcalde e Concelleira de Normalización Lingüística.
– Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.
– Davide Paz do Café Cultural Auriense, membro de Abertos ao Galego na cidade de Ourense.
– Iria Taibo, coordinadora de Abertos ao Galego.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra