Presentación de “Liberdade para o galego” en Cambados

Segunda feira (martes), 19 de novembro

20h. Casa da Calzada

Interveñen:

  • Marcos Maceira Eiras (coautor e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística)
  • Mar Pérez García (Concelleira de Normalización Lingüística)
  • Liso González (Concelleiro de Cultura)
Existe liberdade para o galego? Abonda coa propia vontade para facer uso da lingua do país? Ou existen impedimentos materiais, situacións de coaccións ou condicionantes de calquera tipo que obstaculizan o seu libre desenvolvemento? Pode materializarse o seu uso en todos os ámbitos? Ten a presenza necesaria para aseguralo? Podemos dispor dela en todo e para todo?
En Liberdade para o galego, Marcos Maceira e Elsa Quintas (presidente e vicepresidenta da Mesa) tentan achegarse a estas cuestións en relación aos principais ámbitos da vida social, especialmente daqueles en que existen compromisos adquiridos polo Estado ou acordos alcanzados por todas as forzas políticas en Galiza. Advirten, para comezar, que de xeito incompleto. A exclusión e as limitacións para o galego son tantas que nen teríamos espazo para entrar en todas elas.

A liberdade para o uso do noso idioma está condicionada a se manter sempre baixo a subordinación e secundarización respecto do español. Non é unha afirmación abstracta. Tal e como se puido contrastar en cada un dos informes periódicos solicitados á Mesa pola Normalización Lingüística polo Comité de expertos do Consello de Europa para a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minorizadas ou, en 2019, do Relator especial da ONU para os dereitos da minorías, e que foron a base inicial deste traballo.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra