Prezada/o socia/o, amiga/o: Durante o mes de agosto a oficina está pechada por vacacións.


Noticias Noticias da Mesa

Presentación de “Nós feiramos de 2ª a 6ª” en Padrón

O domingo 25 de febreiro a Mesa pola Normalización Lingüística e a Associaçom Galega da Língua presentarán o proxecto “Nós feiramos de 2ª a 6ª”.

A feira de Padrón é o lugar escollido para a presentación deste proxecto de recuperación e revitalización dos nomes tradicionais dos días da semana.

No acto que se celebrará o 25 de febreiro ás 12:00h na polbaría A Feira (avenida de Compostela nº 55 de Padrón) intervirán:

Eduardo Sanches Maragoto
Presidente de AGAL

Marcos Maceira
Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística

Pilar García Negro
Profesora da Universidade da Coruña

Victorino Pérez Prieto
Profesor da Universidade da Coruña

Anxo Angueira
Presidente da Fundación Rosalía de Castro

No acto tamén contaremos cunha actuación musical de Gloria Mosquera (Mamá Cabra)

Entra na páxina web e descubre moito máis da historia da forma tradicional dos día da semana http://feirando.gal/

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis