A próxima sexta feira, 20 de novembro, A Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Cultural O Galo organizan a presentación do libro infantil O abecedario da Mesa. O acto será na Fundación Eugenio Granell, en Santiago de Compostela ás 18:30 h.
Con este título comezamos un proxecto didáctico destinado á educación infantil. O abecedario, as 23 letras do abecedario galego acompañadas dunha ilustración de Óscar Villán. O obxectivo é recoñecer as letras e enriquecer o vocabulario.
Este libro é para aprender o abecedario mais tamén para admirar as ilustración, para ver, imaxinar ou inventar. Aprenderán a asociar letras e imaxes, a distinguir a grafía de cada letra e ampliarán o seu vocabulario.
Na presentación os nenos e nenas colorearán e debuxarán abecedarios. Tamén teremos unha sorpresa…