Presentación do libro Brezhoneg, a lingua celta da Bretaña

O martes 28 de maio ás 20:00  terá lugar a presentación do libro Brezhoneg, a lingua celta da Bretaña por Robert Neal Baxter Ford, organizado pola Asociación Breizh Galiza e A Mesa pola Normalización Lingüística na Libraría Pedreira en Santiago de Compostela. Falarán Robert Neal Baxter (autor), Marcos Maceira (Presidente da Mesa) e Isabelle Kerdudo (Presidenta da Asociación Breizh Galiza). Haberá petiscos e viño por xentileza de Martín Codax.

O libro ten por obxectivo estreitar os lazos entre os pobos da Bretaña e a Galiza ao permitir achegar, por vez primeira, as galegas e os galegos directamente na súa propia lingua a unha das máximas expresións do xenio cultural da Bretaña, nomeadamente o seu idioma celta, ar brezhoneg.

Tras unha introdución que presenta a historia e a situación actual do bretón, dá paso a unha detallada descrición da pronuncia e da gramática desta fascinante lingua, antes de pechar cun vocabulario bilingüe organizado por temas e, finalmente, unha listaxe de frases que resultarán útiles para tecer pontes á hora de unha galega ou de un galego visitar a Bretaña ou mesmo de unha bretoa ou de un bretón visitar a Galiza.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra