Na Escola Oficial d’Idiomes en Drassanes esta sexta feira, 1 de marzo, ás 19 h.
O último libro do presidente da Mesa, “Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez”, será obxecto de conversa e debate esta sexta feira (venres) 1 de marzo na Escola Oficial d’Idiomes de Drassanes, na cidade de Barcelona (Avda. Drassanes, 14).
O acto, ao que só poderá acudir alumnado matriculado nesta Escola Oficial (en calquera idioma, non é necesario que sexan matriculados en galego ou portugués), desenvolverase de 19 a 20 h na sala 62, 6º andar.