A Mesa pola Normalización Lingüística

Presentación en Betanzos de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos

O 3 de febreiro ás 20.30 h no Liceo de Betanzos

As asociacións Roxín Roxal e Eiravella, en colaboración coa Deputación da Coruña, organizan a presentación en Betanzos do manual Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. Será a sexta feira (venres) 3 de febreiro ás 20.30 h no Liceo da localidade.

A obra, escrita polo presidente da Mesa, Carlos Callón, achega consellos para podermos conseguir adiantos para o noso idioma nos diferentes ámbitos da vida. O libro obtivo o premio Redelibros á mellor obra de non ficción en galego de 2011.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra