A Mesa pola Normalización Lingüística

Presentación en Ferrol de “Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez”

O 14 de marzo ás 20 h na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol. Podes consultar aquí a ligazón ao evento no facebook.

O grupo de traballo da Mesa en Ferrol, a Escola Oficial de Idiomas da cidade e Edicións Xerais organizan o acto de presentación na cidade departamental do último libro do presidente da Mesa.

Xunto con Carlos Callón, participarán no evento Henrique Dacosta López, escritor; Pedro Picallo Ramonde, xefe do Departamento de Galego da EOI de Ferrol, e Carlos Outeiro, coordinador da Mesa na zona.

A presentación comezará ás 20 h na Escola Oficial de Idiomas, sita na rúa Real, número 29.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra