A terza feira (martes) 5 de xullo, o Centro Galego de Madrid, sito na rúa Carretas, 14-3º andar, acollerá a presentación da obra En castellano no hay problema.
No evento participarán Francisco Jorquera, deputado do BNG no Congreso dos Deputados, e Carlos Callón, autor do volume e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.