O acto terá lugar ás 19.30h no Pazo da Cultura, Seminario nº 6 (a carón da Fundación Alexandre Bóveda), coas intervencións de:
– Lola Ferreiro, Portavoz de Mira por elas!
– Antón Masa, Presidente da Asociación pola Defensa da Ría
– Manuel Lourenzo, escritor e profesor de ensino secundario
A Mesa pola Normalización Lingüística está integrada nesta Plataforma Cidadá en Defensa da Radiotelevisión Pública Galega a carón doutras organizacións cidadás, profesionais e académicas, sindicatos e partidos políticos, preocupadas pola actual situación dos medios públicos galegos. Entendemos que os medios audiovisuais públicos son un servizo esencial de interese xeral que teñen como misión difundir contidos destinados a garantir a normalización cultural e lingüística, a independencia e a veracidade da información, o pluralismo, a cohesión social, a promoción dos dereitos cívicos, as liberdades públicas e a calidade da propia democracia.
Podes consultar e apoiar o manifesto da Plataforma nesta ligazón: