O mércores 8 de maio ás 20:30h. en Santiago de Compostela, a Asociación Cultural O Galo organiza a presentación de Pondaliana, quince poemas de Eduardo Pondal musicados.
Pondaliana é un libro disco que editan A Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega. Contén quince poemas musicados dun dos grandes escritores da literatura galega, Eduardo Pondal. O cedé, ilustrado por Leandro Lamas, é froito da colaboración de máis dunha ducia de músicos coordinados polo profesor Francisco Rodríguez e pola Sociedade Cultural Medulio, impulsora do proxecto.
Neste acto poético e musical, que se elebrará no Espazo enocultural Vide Vide (Fonte de Santo Antonio, 10) intervirán:
Marcos Maceira, presidente da MNL e vogal da AC. O Galo
Pilar Reino Lampón, representante da AS-PG
Francisco Rodríguez Sánchez, escritor e investigador
Xoán Padín, músico.
Ao remate servirase un viño galego.