Antes do acto, ás 19 h, o presidente da Mesa e Xosé Lois González O Carrabouxo falarán na cadea Ser de Ourense sobre o libro e sobre a situación do noso idioma.
Presentación hoxe en Ourense
Hoxe, 24 de febreiro ás 20.30 h.
Museo Municipal (rúa Lepanto, 8).
Coas intervencións de Rut Reza, Xosé Lois González O Carrabouxo e Carlos Callón.
Colabora a libraría Torga.
O libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos é un manual práctico con consellos para revitalizarmos o galego no noso día a día. A obra gañou o premio Redelibros 2011 na categoría de non ficción e é candidata aos premios da Asociación de Editores, que se darán a coñecer en marzo.