Queremos Galego do Deza organiza o acto, que será ás 9 na Biblioteca Municipal Daniel Castelao.
Hoxe, 18 de decembro, a Biblioteca Municipal de Silleda acollerá a presentación do último libro do presidente da Mesa, Carlos Callón: Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez.
O acto servirá tamén para dialogar sobre a situación do idioma e para mobilizar cara á manifestación nacional do vindeiro 27 de xaneiro.
Podes consultar aquí o evento no facebook.