Será ás 20.30 h no Art Café (praza do Reloxo, 6).
A plataforma Queremos Galego do Baixo Miño organiza a presentación na Guarda do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, un manual práctico escrito polo presidente da Mesa, Carlos Callón, que contén consellos para poder vivir na lingua de Galiza.
O evento, presentado por Tino Baz, terá lugar esta segunda feira (luns) 16 de abril ás 20.30 h no Art Café, na praza do Reloxo, 6, da Guarda.
A actividade no facebook, nesta ligazón.