Esta quinta feiras (xoves) no Centro Sociocultural do Ensanche, en Santiago de Compostela.
O último libro do presidente da Mesa, Carlos Callón, achega propostas para “pasar de galegocalante a galegofalante” e falar unha lingua “máis xenuína e correcta”.
A presentación nacional de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez será esta quinta feira (xoves) día 13 ás 20 h no Centro Sociocultural do Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16 baixo) en Santiago. No acto, organizado pola asociación cultural O Galo, participarán Manuel Bragado, Luz Cures, Marcos Maceira e o propio autor, Carlos Callón.
Máis información no evento do facebook.