Presentación libro / Presentacións d’O libro negro da lingua galega, obra do presidente de honra da Mesa, Carlos Callón.

Comezan nestes días os actos de presentación e conversa por volta d’O libro negro da lingua galega, obra do presidente de honra da Mesa, Carlos Callón. No volume explícase a historia de represión e silenciamento do galego desde finais do século XV até finais do XX. A partir desta explicación do pasado pode entenderse mellor a situación da nosa lingua no presente e que é o que debemos facer para podermos recuperar falantes e normalizala na sociedade.

19 de xullo ás 20h30 no Vello Cárcere de Lugo. Coa participación de Afonso Eiré e Maite Ferreiro.

20 de xullo ás 20h15 no Liceo de Ourense. Acompañarán ao autor: Rut Reza, Millán Picouto, Isaac A. Estraviz

22 de xullo ás 19h30 no Salón Azul d Ed. Arquivo de Betanzos. Con Alicia L. Pardo, María G. Calvete e Miguel R. Carnota.

24 de xullo ás 20h no Salón de Plenos do Concello de Rianxo. Coa participación de Elsa Quintas, Manuel Iglesias e Adolfo Muíños

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra